Traballamos en equipo?

Para nós é fundamental contar cunha rede de colaboradores que nos permita crecer, optimizar procesos e innovar de forma conxunta no ámbito da xestión integral de eventos culturais. Desde Taquilla Manager poñemos a tecnoloxía á túa disposición, pero ti decides a orientación e o sentido da aplicación. Se es unha organización cultural, un promotor, unha compañía ou unha empresa de xestión cultural en nós atoparás un socio tecnolóxico.

Imos traballar xuntos para dar unha resposta óptima e adaptada aos tempos no ámbito da xestión cultural.

TaquillaManager Learning Instutitute

 

Cando empezamos unha iniciativa nas nosas organizacións, sempre esperamos que as mesmas acheguen vantaxes que repercutan nos resultados. Con todo, as iniciativas poden producir beneficios profundos na organización ou ser simplemente unha maquillaxe.
A diferenza está no grao de penetración das iniciativas, e este depende do nivel da incorporación das mesmas no día a día por parte de cada individuo. Se cada persoa domina a aplicación, cada un mellora e a suma de todos crea o gran cambio.
Xustamente Taquilla Manager Learning Institute nace co obxectivo de axudar a clientes e partners de Taquilla Manager a sacar o máximo beneficio desta versátil plataforma.
A formación materialízase a través de actividades en diferentes ámbitos de actuación:

Funcional

A xestión dun espazo cultural é complexa e os equipos responsables da mesma deben ter en conta múltiples elementos que interactúan no ciclo de vida dos eventos. A través de esta liña formativa os técnicos da empresa asociada aprenderán o funcionamento global de toda a plataforma TaquillaManager, a administrar a solución (caixa, ventas, tarifas, etc) e optimizar aspectos como a xestión do stock de entradas, comunicación dos espectáculos, creación de diferentes tarifas de asinantes, tiqueo e organización dos eventos, etc

Ventas

A través de esta liña formativa, o persoal técnico do partner adqurirá a competencias necesarias para adaptala plataforma aos requisitos definidos polo cliente. A formación técnica permite ao informático adpatar e configurar a plataforma TaquillaManager ás necesidades do proxecto, integrar e interoperar con outros sistemas, adaptar a solución aos diferentes tipos de hardware(impresoras, PDA`s...) así como integrar e adaptar funcionalidades avanzadas presentes no producto, e/ou servizos de valor engadido como o módulo de asinantes con tarxetas de RFID ou NFC.

Técnico

É estratéxico para calquera cliente que xestione eventos culturais contar cunha ferramenta eficiente de xestión económica que permita coñecer o día a día das súas operacións . Esta liña formativa permite dotar ao personal de ventas da entidade asociada, con tódalas competencias necesarias que lle permitan comercializar eficazmente TaquillaManager, e lograr a máxima satisfacción do cliente. O itinerario formará aos comerciais no argumento e ciclo de venta da solución, a situación do mercado actualizada do producto, artefactos de marketing e campañas generales, asi como no roadmap e novas da plataforma cara o futuro.

Utilizamos cookies para personalizar el contenido, características y anuncios. Compartimos información sobre el uso de nuestro sitio con nuestros socios, que pueden combinarla con otros datos aportados en sus servicios

Voy a ver la política de cookies