Sabíamos que había unha mellor forma para xestionar os teus eventos culturais
Teatro, Concertos, Cines, Festivais… Unha solución integral para xestionar todo o ciclo de vida dos teus eventos culturais
Optimiza os procesos de comunicación e divulgación de eventos culturais
Xestiona todo o ciclo de vida das entradas dende a sua creación ata o pase do espectador
Administra múltiples espaczos e eventos nunha contorna de traballo amigable con funcionalidades de xestión financieira
Que é Taquilla Manager
Unha aplicación amigable, potente, atractiva e segura que che permitirá reducir drasticamente a carga da xestión dos teus eventos, os custos asociados e aumentar a satisfacción dos teus espectadores.
Amigable e intuitiva
Desenvolvemos unha plataforma onde coidamos especialmente todos aqueles aspectos vinculados coa usabilidade e amigabilidade ao longo de todo o proceso de xestión e, por suposto, coa participación dos propios espectadores a través das diversas canles dispoñibles para a adquisición de entradas (web, App, venda telefónica, ...).
Personalizable e configurable
Taquilla Manager ofréceche un elevado nivel de personalización para lograr unha plataforma 100% adaptada ás túas necesidades. Contarás cun portal web cultural totalmente personalizado desde o que realizar a túa promoción cultural, ademais dispoñerás de entradas deseñadas ao teu gusto e coas súas diferentes tarifas, imprimibles no despacho de billetes ou desde casa no formato online print-at-home.
Con posibilidade de crear espazos culturais ad-hoc
Dispoñerás tamén dun potente deseñador de espazos que che permitirá compoñer os teus propios mapas de butacas para espectáculos. A flexibilidade da plataforma permitirache implementar a túa propia política de abonos e fidelización de clientes, que faga da túa plataforma unha experiencia única entre os teus usuarios.
Xestión permanente e global
Ademais, para aquelas entidades que teñen a promoción cultural como centro do seu negocio, a nosa experiencia permitíunos desenvolver unha aplicación que concibe a xestión cultural de forma global e como unha acción permanente.
TaquillaManager permite xestionar con precisión e a lo longo do tempo todos os aspectos económicos, de segmentación de clientes, e de ocupación dos teus eventos e espazos, cun potente xestor de informes e un cadro de mando global, que permitan tomar calquera decisión coa información precisa.
Características
Taquilla Manager integra nunha soa plataforma todas as funcionalidades e servizos complementarios necesarios para lograr unha xestión cultural sobresaliente.
Unha aplicación á túa medida
Dispoñerás do teu propio deseño de entradas, espazos culturais, procesos de fidelización, portal web de venda e App, para que os teus clientes teñan unha experiencia cultural única.
Cunha canle web e app propios
Taquilla Manager ofréceche unha canle web propia adaptada a diferentes dispositivos (Pc, Tablet ou Smartphone ) que che permitirá desenvolver de forma diferenciada a túa estratexia de xestión de eventos culturais e entretenemento.
E apoiándonos en canles externas
Taquilla Manager apóiase en canles externas dixitais para lograr unha xestión óptima da ocupación nos eventos culturais que organices, e obter a máxima difusión dos mesmos .
Para xestionar todo o ciclo de vida dun evento
Desde a creación dos diferentes eventos culturais cos mapas de butacas e diferentes tarifas, ata o final do proceso co tiqueo das entradas e a xestión financeira de cada espectáculo.
Sen límite de espazos culturais e eventos
Iso si, sen ningún límite na creación de espazos culturais, mapas de butacas, eventos, tarifas ou compañías asociadas. O noso obxetivo é lograr que la xestión dos eventos culturais dunha organización sexa un proceso coherente e prologando ao longo do tempo.
Con módulo de xestión económica e xerador de informes
Por este motivo introducimos un módulo de xestión económica que che permitirá coñecer en tempo real a situación da túa caixa, vendas nun evento concreto por tarifas, informes globais ao longo dos meses, etc. Todos eles exportables en forma de informes a formato Excel ou PDF.
E informes e cadro de mando
Que che permitirá a golpe de vista coñecer a situación da túa organización, dun evento cultural ou espectáculo particular en diferentes dimensions (mapa de ocupación, xestión de vendas, etc.)
Con acceso a Taquilla Manager Learning Institute
A través de Taquilla Manager Learning Institute poderás converter a túa plataforma nun elemento aínda máis configurable e interoperable, que che permitirá decidir que tipo de hardware desexas intergrar (impresoras, pistolas, pda´s ...), así como integrar novas funcionalidades e/ou servizos de valor engadido.
E co noso soporte permanente
Cun equipo de márketing e soporte técnico especializado para lograr axilizar os procesos de programación, venda e atención o cliente co obxetivo de lograr a satisfacción da túa audiencia e a optimización das túas vendas.
Solicita unha demo 100% operativa de Taquilla Manager de forma gratuíta, e pescuda as vantaxes que Taquilla Manager pódeche ofrecer.
Con un potente gestor de informes y un cuadro de mando global
Una aplicación a tu medida
Dispondrás de tu propio diseño de entradas,
espacios culturales, procesos de fidelización
portal web de venta y App, para que tus clientes
tengan una experiencia cultural única.
Traballamos en equipo?
Para nós é fundamental contar cunha rede de colaboradores que nos permita crecer, optimizar procesos e innovar de forma conxunta no ámbito da xestión integral de eventos culturais. Desde Taquilla Manager poñemos a tecnoloxía á túa disposición, pero ti decides a orientación e o sentido da aplicación. Se es unha organización cultural, un promotor, unha compañía ou unha empresa de xestión cultural en nós atoparás un socio tecnolóxico.
Imos traballar xuntos para dar unha resposta óptima e adaptada aos tempos no ámbito da xestión cultural.
TaquillaManager Learning Instutitute
Cando empezamos unha iniciativa nas nosas organizacións, sempre esperamos que as mesmas acheguen vantaxes que repercutan nos resultados. Con todo, as iniciativas poden producir beneficios profundos na organización ou ser simplemente unha maquillaxe.
A diferenza está no grao de penetración das iniciativas, e este depende do nivel da incorporación das mesmas no día a día por parte de cada individuo. Se cada persoa domina a aplicación, cada un mellora e a suma de todos crea o gran cambio.
Xustamente Taquilla Manager Learning Institute nace co obxectivo de axudar a clientes e partners de Taquilla Manager a sacar o máximo beneficio desta versátil plataforma. A formación materialízase a través de actividades en diferentes ámbitos de actuación:
Funcional
A xestión dun espazo cultural é complexa e os equipos responsables da mesma deben ter en conta múltiples elementos que interactúan no ciclo de vida dos eventos.
A través de esta liña formativa os técnicos da empresa asociada aprenderán o funcionamento global de toda a plataforma TaquillaManager, a administrar a solución (caixa, ventas, tarifas, etc) e optimizar aspectos como a xestión do stock de entradas, comunicación dos espectáculos, creación de diferentes tarifas de asinantes, tiqueo e organización dos eventos, etc
A través de esta liña formativa, o persoal técnico do partner adqurirá a competencias necesarias para adaptala plataforma aos requisitos definidos polo cliente. A formación técnica permite ao informático adpatar e configurar a plataforma TaquillaManager ás necesidades do proxecto, integrar e interoperar con outros sistemas, adaptar a solución aos diferentes tipos de hardware(impresoras, PDA`s...) así como integrar e adaptar funcionalidades avanzadas presentes no producto, e/ou servizos de valor engadido como o módulo de asinantes con tarxetas de RFID ou NFC.
É estratéxico para calquera cliente que xestione eventos culturais contar cunha ferramenta eficiente de xestión económica que permita coñecer o día a día das súas operacións . Esta liña formativa permite dotar ao personal de ventas da entidade asociada, con tódalas competencias necesarias que lle permitan comercializar eficazmente TaquillaManager, e lograr a máxima satisfacción do cliente.
O itinerario formará aos comerciais no argumento e ciclo de venta da solución, a situación do mercado actualizada do producto, artefactos de marketing e campañas generales, asi como no roadmap e novas da plataforma cara o futuro.
En Sdweb - Innovative Digital Solutions concentrámonos nun só principio que nos impulsa: axudar ás empresas na súa necesaria e constante evolución de negocio ofrecendo solucións tecnolóxicas de alto valor engadido que permitan mellorar o seu rendemento. En calquera lugar. En calquera momento. E en calquera dispositivo ou rede.
Levamos máis de 8 anos desenvolvendo produtos tecnolóxicos que tiveron unha ampla aceptación no mercado (eHabilis – Knowledge Management System, Upwebs); participando activamente en grupos de investigación, foros e congresos tecnolóxicos e dando soporte a grandes corporacións con sistemas críticos sempre accesibles e seguros.
A nosa misión consiste en dar poder a un mundo no que que persoas, organizacións e ferramentas estén conectadas de forma segura y sexan accesibles. Un mundo onde os nosos clientes teñan o poder de convertir o extraordinario en posible.
A nosa dedicación nótase no que facemos.
Utilizamos cookies para personalizar el contenido, características
y anuncios. Compartimos información sobre el uso de nuestro sitio
con nuestros socios, que pueden combinarla con otros datos aportados
en sus servicios